18 feb 2011

MICRÓNS




MICRÓNS DE DISCONFORMIDADE



a morte vence a vida / o amor vence a morte

pirateando = pírate andando

voando ando a nado.........dando

algo de min morre decote / no seu lugar nace de ti algo

apréndeme sen prenderme/ ensíname sen asasinarme
fago palabras de chuvia para calar ata os ósos


conformes coa disconformidade nunca ousaremos deixar de ser informes innnnnformes


autocompracidos na anticompracencia, nunca poderemos comparecer...com???aparecer


mensaxe pro-vida: unha vida privada privada de vida é unha privida e debería estar proivida



 a túa prisión en réxime aberto  impide que eu cumpra  cadea perpetua na sexta galería



fabrico sentencias á vida...declároa culpable



cando miro a Marte miromeamarte

2 comentarios:

  1. Greetings from USA! I love your blog.
    Are you really living in Belize?
    Please visit me at:
    http://blog.sina.com.cn/usstamps
    Thanks!

    ResponderBorrar
  2. Eu non saber moi ben onde é que vivo neste momento, ás veses paresme vivir en todo o mundo simultaneamente, olle vosé que cousas é que me pasasn alghunhas veses.

    Un saúdo mítico para Seatle e toda Andalusía.

    ResponderBorrar