31 may. 2011

OS CARACOLITOS




Fode o Mundo Inteiro:

Lisboa, Porto, Coímbra  ...acampadas de indignados lusos antes das eleccións anticipadas en Portugal.

29 may. 2011

por aquí...catatónicos!

Que carallo pasa nesta cidade?
Canto tempo máis imos seguir aturando a cementocracia de cemiterio?
Será certo que estas coordenadas están gafadas?
Mira que hai xente competente e preparada!
Pois nada, todo o santo día de hoxe e de onte colgando material moi riquiño no feisbuc mentres nos dan polo cú  a todos.
Unha liada a nivel internacional montada que resucitan mesmo os mortos e resulta que nesta encrucillada patética non facemos nada sen os permisos pertinentes do mangante de turno.
Que se vai pedir a unha poboación que cando te oe falar en galego deduce gratuitamente un manual do BNG?
Xente que pasa o día a discutir a pertinencia ou impertinencia de utilizar tal ou cal idioma, que reivindica a cada segundo unha filiación lingüística determinada, ignorando que a lingua utilizada é o de menos e que o importante é o que se comunique con ela.
Unha vez máis está demostrado que padecemos algún mal incatalogable.
Pena me dan os rapaces que están acampados na farola, porque están bastante sós.

27 may. 2011

folla de ruta





a acción sen pensamento 
xera 
estrés paralizante


folla de ruta para maio: sesións de resonancias de cuncos tibetanos...glub!

23 may. 2011

O 1º ACTO REVOLUCIONARIO

COVERTERSE EN CIDADÁN DO MUNDO, TRANSGREDIR OS LÍMITES DA NACIONALIDADE E DA CULTURA, É O 1º ACTO REVOLUCIONARIO.........TENDO MOI EN CONTA QUE:

1. Para ser cidadán do mundo é necesario primeiro ser persoa, persoa íntegra, sen mutilacións nin eivas.

2. Para ser persoa completa necesitas identificarte cos que te rodean de maneira inmediata. Non hai máis mundo a transformar que aquel en que vives a cotío: parella, familia, amigos, traballo, escola, mercado, barrio, cidade. Pretender incidir máis alá é pura palla mental.

3. Para transgredir os límites, ten que haber uns límites consensuados, coñecidos, asumidos previamente.

4. A nacionalidade e a cultura propias correctamente asumidas son un pasaporte para a mente cosmopolita. A mente cosmopolita é un pasaporte para a conciencia universal. A conciencia universal é a porta cósmica.

5. A conciencia cósmica anularía todas as consideracións anteriores se non necesitase dunha lingua para expresarse, dun territorio para actuar, dun pasado para extraer coñecemento e capacidade de reflexión e dun presente referenciado nun proxecto que poida desenvolverse cara o futuro


6. Somos humanos, necesitamos referencias. Cada quen ten que identificarse con aquelo que pretende transformar. Pretender influír en algo que descoñecemos e que percibimos como alleo é quimera de pantasmas. Permitir que algo que non entendemos promova cambios en nós, é invasión e colonialismo castrante e inútil.






CONCLUSIÓN: PARA SAÍR AO MUNDO HAI QUE FACELO DENDE ALGÚN LADO. ESA SAÍDA NON PODE SER UNHA FUXIDA, SENÓN UNHA EXPANSIÓN.






o mundo ten idioma políglota
diversidade biolóxica e cultural
amor pola variación que permite
o xogo dos cambios

evolución









21 may. 2011

E-MAIL R-EVOLUSION

ANTIMANIFESTO BLABLABLA


COIDADO QUE MOITO SOL TAMÉN QUEIMA!
E NON HAI CREMA PROTECTORA PARA TOD@AS
HAI QUE CONTAR CON TODO O MUNDO
OS SOBRADOS SOBRAN
MAdrid DO CARALLO NON É NINGUNHA MÁQUINA E O RESTO NON SOMOS VAGÓNS NIN BOGÓNS
NON ESQUEZAMOS OS VOGÓNS!
DÉIXADEVOS DE MANIFESTOS DE ENCICLOPEDIA BRITÁNICA E VAIAMOS AO ESENCIAL EN PANROMÁNICO E PANGALÁCTICO
IDE LEXISLAR ÁS CLOACAS!
NA E-MAIL R-EVOLUSION NON MANDA NINGUÉN MÁIS QUE CADA QUEN COA SÚA CONCIENCIA
DEIXADE A MEGAFONÍA AOS PORNÓCRATAS E FALEMOS DE PERSOA A PERSOA, TEMOS TODO O TEMPO DO UNIVERSO
ESTÁ EMPEZANDO A DESCOLGARSE XENTE E É POLA PREPOTENCIA DALGÚNS QUE XA VAN DE MANDAMÁIS FEITICEIROS
A REDE É DE TOD@S, ASÍ QUE É INÚTIL QUE TENTEDES LEVAR A VOZ CANTANTE
ADEMÁIS, CANTADES MOI MAL, DESAFINADES.


(continuará)




a rosa e a espada irmandiñas

16 may. 2011

que ese falar ali...mente



ali...mentímonos
ali...mentíndonos
ali...mentándonos

(cuestión mental)

ali...eníxenas
ali...baba
ali...oli
ala
á

13 may. 2011

XOGUIÑOS BÉLICOS

balas perdidas



empezamos un xogo sen regras
que coidabamos inocente
e cando nos quixemos dar conta
chovían pedras por todos lados
no noso propio tellado


o máis bonito do conto
é que había un rato e un gato
e ningún dos dous tiñan moi claro
quen era quen
e cando un deles coidaba ter cazado a presa
resultou que a presa tiña uñas retráctiles
coidadosamente pintadas
e quen cazou foi cazado


son cousas que pasan
cando un se pon a pescar
sen rede, nin brinca nin tanza
o peixe pasa, como o río e o tempo


e tamén aconteceu
que eramos de dieta estricta vexetariana
pero o menú diario
acabou sendo a alma do outro
ou sexa, vexetariano-caníbales
e cando o outro se resiste a ser devorado
a imperiosa necesidade de venación
pode derivar
nunha autoantropofaxia
esgotadora


isto por forza require
un desenlace rápido
pois non é nada práctico
dar continuidade
a unha espiral de vergoña disfrazada
de non se sabe que


mandaremos por vía rápida sen peaxe
esta ansia autodevorada
á papeleira de reciclaxe
practicaremos sesión intesivas
de amnesia sen anestesia


estamos seguros que non volverá suceder
nin en mil anos


é o que teñen os milagros


non admiten copias de seguridade
nin moito menos fotocopias

8 may. 2011

SUPLEMENTOS & COMPLEMENTOS & OUTRAS CIRCUNSTANCIAS

como non hai moito de que
sería ben raro que houbese algo de como
como non fose algo de
así que é difícil saber de onde
imposible adiviñar cando
nin para que
e moito menos por canto
nin ata cando
claro, iso supoñendo que hai algo de
na hipótese de que non sexa un
lamentable por
pero sempre paga a pena correr o risco de
porque senón para
nin por
nin por que non
porque...non sei!
ah, si! xa lembro
tratábase de facer a
o día D e a hor H
e eu con estes
total para

2 may. 2011

SOÑE TRANQUILO, AMIGO

ALGÚNS MOTIVOS PARA TER PESADELOS ESTA NOITE


  • Pornocapitalismolibertario = neofascismo: secuestro e fusión das ideoloxías para montar unha cortina de fume que agocha turbios negocios. 
  • Cal é a trampa das ideoloxías? están todas confiscadas polo capital xerando merda a toneladas. Os negocios máis lucrativos florecen á sombra do poder en diñeiro negro. A quen carallo lle vai interesar traballar habendo mafia contratando escravos sen contratos? 
  • Soñe tranquilo, amigo, ninguén máis ten acceso.
  • As pantasmas non aman porque teñen o corazón comesto na sepultura do seu ego. Ao máis que chegan é a intercambiar  gusanitos esporádicos de última xeración.
  • Por que esta avalancha de pornografía? A demanda xera o produto. Os ananos negocian. 
  • Internet: comadreo porno interplanetario. Filetes de ego a prezo de enganche.
                 HOXE:  Quen morreu, Obama? Para explicarme recorro á tipografía poética:

OBAMA AMA A OSAMA
por iso o manda matar
e tirar o corpo ao mar
para seguir mantendo viva
a ilusión

va que si?