30 jul. 2011

Coidado coas ondas!





TODO O MUNDO

Todo o mundo debería 
ter acceso a un lugar
onde a mañá fose de gloria
e a noite viñese inerme




Un lugar onde
pasar o día sentado
sexa inconcebible
a non ser que esteas enfermo




Un lugar onde prender lume
e amar fóra do tempo




Todo o mundo debería
ter un lugar seguro onde deitarse
en vez dunha gorida
onde agochar o medo




19 jul. 2011

GUIÓN DADÁ INTERACTIVO PARA AMADORES ESCÉPTICOS QUE COIDAN QUE XA O VIRON TODO E ESTÁN A PIQUES DE ACADAR O ESTATUS DE CÍNICOS



bico bancario do
 Fode o Mundo Inteiro




SECUENCIA 1: Ela baixa todos os días ao soto para ver se a matan dun subidón.


SECUENCIA 2: El sobe todos os días ao faiado para ver se aínda segue viva.


ACLARACIÓN PRELIMINAR: A casa non está habitada pero alguén misteriosamente segue pagando a contribución.


DESENLACE: Nunca chegaron a tocarse nin un pelo da roupa por medo catódico a contaxiarse non se sabe moi ben o que.






COMENTARIOS


DO GUIONISTA ASOMBRADO DE SI MESMO: Vaia par de memos!
DUN HIPOTÉTICO ESPECTADOR: Se o sei non veño!
DUNHA VELLA QUE PASABA POR ALÍ: Que rariños son os mozos de agora!
DUN ADÚLTERO ESCÉPTICO DA SÚA CONDICIÓN: Así calquera baixa os pantalóns fóra da casa!
DUN ANÓNIMO MASOCA: Hai máis películas desas?
DUN SULTÁN DE PACOTILLA: Nin un pelo? Hai que ser católicos!
DUN SIQUIATRA EN PARO QUE COLABORA DESINTERESADAMENTE NO GUIÓN: Facede o favor, tomade a medicación!
COMENTARIO CHAMÁNICO: Quen vos pariu que vos lamba!
DUN HIPPIE CONXELADO NO TEMPO: Que colgaos! Arrimá palá, Susi, que o estou flipando!


ETZ..... ETC...... ETCH.....ETK..... ETEA