27 sep. 2011

galiñadas de granxa





o gallito presume de ovos
pero quen llos pon é a galiña






aforismos e contraaforismos sobre os puntos de vista do galo e da galiña

24 sep. 2011

perder e gañar



PERDER E GAÑAR
As batallas mellor gañadas
Son as que non se libran

22 sep. 2011

que lata!


des
nudez 
envasada a
módico prezo
para ereccións
programadas é ou
tra máscara asu ))}}
stada axustada as
fixiante tira con
ela oh, civili
zado!se é 
que que
res re
spir
ar 
b
e
n





20 sep. 2011

mercado global

Non me dá a gana  facer coa miseria
produtos para o mercado
de bacterias síquicas

que son?

bacterias síquicas son
todo aquilo que me aporta morte
envasada ao vacío

18 sep. 2011

sinais



Mensaxe diáfana da computadora:
Eu son a fábrica de espectativas
Para os grandes almacéns da frustración.







17 sep. 2011

na rede



BEIXOPATÍA
Empecinarse en facer de cada contacto electrónico
Un cortocircuito emocional








pen love




Novas tecnoloxías:
                                                      Proxecto denegado
                                                      Por falta de enchufes.


Pablo de Rokha


6 sep. 2011

miraquemono!


Cando era pequeniña, analfabeta e felizmente indocumentada, pensaba que había palabriñas bonitas e palabronas feas, palabras con pichos e palabras peludas que me poñían os peliños de punta. 

Pero medrei, non moito, e tiven que ingresar na escola para aprender a ler e escribir e moitas outras cousas obtusas. Non contenta con iso, seguín os meus estudos a trancas e barrancas porque non acababan de interesarme como é debido, como a min me gusta que me interesen as cousas que por unha razón ou outra fago.

E fixen o bacharelato por letras, copiando coma unha anana e improvisando como unha auténtica as do jazz. E debinlle coller o tranganillo porque non parei con esa macana  ata que conseguín lincenciarme en filoloxía hispánica, rama galego-portugués. Eu realmente o que quería era ser artista e pensaba que para iso había que estudar Belas Artes, pero en Galiza non había; había que ir a Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla. E as miñas posibilidades económicas facían de todos eles destinos remotos. Así é que me adecuei ao que aquí había.

Academica e intelectualmente a univerdade foi unha das experiencias máis frustrantes que lle poden pasar a unha persoa intelixente e sensible coma min. Menos mal que algo pola miña conta lin e facendo resumos e esquemas adecuados á miña obtusa personalidade, puiden entender nocións básicas sobre o máis marabilloso invento comunal do ser humano: a linguaxe. Pois ben, ata tal punto me sumerxín nas engrenaxes que moven a actividade lingüística , que se tivese que prepararme de novo nalgunha disciplina universitaria, non dubidaría en facelo  pola banda da Lingüística, porque como ben me ensinaron os anos, quen entende de linguaxe ten as ferramentas adecuadas para poder entender todo o que dela se deriva.

Cando me quixen dar conta, decateime que sen saber como nin cando exactamente as palabras perderan para min os marabillosos atributos que lles concedera na máis tenra infancia e xa non eran bonitas, nin feas, nin peludas, nin tiñan pinchos. Por ter, non tiñan nada e eran só compoñentes harmónicos a analizar por un espectrógrafo, morfemas e lexemas, funcións sintácticas, rimas e ritmo e medida. E combinatoria, e sintaxe, e montaxe. E información implícita e explícita. E claro, a maxia quedou esvaecida. A cambio conseguín que con elas fose cada vez máis difícil que ninguén me camelase. Non sei se pagou a pena o troco, pero supoño que a  estas alturas non hai moito que facerlle.

Entón, como é que hai textos que nos repudian e outros que nos atraen como poderosos imáns se non hai bonitura nin fealdade nas palabras?


3 sep. 2011

FACEFUCK!


Este grandioso negocio do ocioodio
global
recauchutando os meus sentimentos
convérteos
en pequenos cortes publicitarios
nunha exhibición intermitente
de desnudez enlatada e
antinatural

é como se detrás de cada xesto
detrás de cada texto
de cada comentario impersoal
houbese só autómatas
programados para a captura de opinión nómada

coa noxenta intención
de dirixila e recreala
no limitado enfoque da granxa das pantallas

cada ovella co seu rabaño
todo o mundo de volta ao rego
viva a revolución!

gran bluf!
facefuck!