28 dic 2011

indulxencias plenarias

MICROTESE MONOLOGADA SOBRE A TELEPATÍA APÁTICA

Antes prefiro morrer que levarme ben contigo.
Estar a ben contigo é aburridísimo!
Non te decatas que somos dous polos que se atraen autorepeléndose?
Si, dous pólos magnéticos e dous polos de granxa.
O día que ti cantes eu chorarei de rabia / e o día que ti chores sabereino porque mepezará a caer sobre min unha fina chuvia diamantina que me poñerá ao bordo dun ataque de dentes.
Así que non hai moito que facerlle.
Ben, quero dicir, por facer está aínda todo. Todo agás firmar unha tregua.
Sería soporífero.
Non o esquezas, mentres haxa posibilidade, por mínima que sexa, de guerra, haberá esperanza para dar e tomar.
Ata nunca, meu. Disfruta dos teus amores mentres che duren. Saca todo o partido posible destas conexións mentais só aptas para privilexiados.
Saborea a modo o meu odio, é unico.Está deseñado nos máis altos fornos da demolición e acada temperaturas só medibles polos espectrógrafos do desespero.
Os meus beixos cadavéricos deixarán tatuaxes polícromas en todos e cada un dos teus peros e non  che serán abondas todas as peras que poidas almacenar na memoria interna do teu corazón desastre.
Sabereino todo de ti no máis absoluto silencio.
Así que xa podes ir improvisando calquera estereofonía en cacofonía interferida para bloquear a emisión.
Boas ondas para tod@as?  Estupendo! E canto máis expansivas, mellor!

A túa única odiante e odiada EU.

orella interferida




4 dic 2011

mira a ver






coma gráfico

&

lipotimia de linotipia

&

hipotermia mental