20 abr 2013

palindronario4



PALINDROTECA: O mesto bosque de palíndromos coñecidos e aínda por coñecer, sexa cal for o soporte, do mundo mundial na palindrópole.


PALINBRARÁBILE: Esa posiblidade marabillosa de que tamén poida que haxa palíndromos en árabe!


PALEOPALÍNDROMO: Tan remoto como as cavernas-


PALINDROMUSEO. O lugar onde nunca verás pendurado un palíndromo que se preze.


PALINDROSINCRACIA: Capacidade innata que teñen algúns idiomas para facer visibles palíndromos sen volvela a unha idiota.


PALINDRICIA: A alegría de dar cun bo palíndromo ao día.


PALINDRIARIO: Rexistro de palíndromos por singraduras


PALINDRUSIÓN: Ilusión palindróptica pola cal vas moi contenta escribir algo que coidabas un palíndromo e non é-


PALINDRUSISMO: Incursións altruísta e ultraísta  de auténticos inexpertos no mundo descoñecido dos palíndromos.


PALINDRIMAXE: minipoema visual baseado nas letras dun palíndromo.










17 abr 2013

palindronario3



PALINDROSISTENCIA: resistencia e fortaleza do idioma á hora de facer visibles as súas creacións palíndricas


PALINDROSECTOMÍA: interrupción abrupta dun palíndromo por causas de forza maior


HORA PALÍNDRICA: a mellor hora do día


PALINDROTERAPIA: curación en saúde con tiritas palindrómicas de sentido sesgado e cómico


PALINDROPOEMA: peixe de altura. Poema feito con versos palindrómicos. O máis semellante que hai a un palindrolito.


PALINDROXEMA: Non, non se trata das parte do dedo imprescindibles para grafiar e ratificar un palíndromo. Trátase dunha xema palíndrica, de escaso valor na bolsa de valores pero moi aprezado polos coleccionistas de milagros gratuítos que non cotizan facenda. O seu valor é inmaterial e, polo tanto, inconmensurable.


PALINDROMOTORMENTA: Precipitación descontrolada con desbordamentos de palíndromos xeniais.


PALINDROSE: sicose adquirida e alimentada de frustración dos que nunca deron por si mesmos coa sombra benéfica dun palíndromiño, estando como están en calquera lado e facéndose, como se fan, visibles a calquera hora.


PALINDRERÍA: Palabrería inútil na que, por máis que te mates, non vas atopar nin o máis mínimo rastro dunha sombra palíndrica..











14 abr 2013

palindronario2





PALINDROCHOCO: Palíndromo cheo de borra coma os cefalópodos, do tipo ochocococho


POLIPALÍNDROMO: correctamente interpretado, xa o di o prefixo. É un tipo de palíndromo que comporta múltiples significados sen importar que estes cheguen a contradicirse entre eles. Simbolizan no seu esplendor a capacidade innata que temos os seres vivos para convivir sen matarnos. 


EXOPALÍNDROMO: Palíndromo chegado do expacio exterior por despiste no galiñeiro galáctico unha noite de lúa chea, do tipo: aluaaula


ENDOPALINDROANOMALÍA: Dificultade peliaguda que a maioría dos palíndromos presentan para ser trasbasados de idioma ou a inutilidade absoluta de calquera posible tradución. Esta cualidade palindrómica afecta a súa independencia e insubornabilidade. Obríganos ao poliglotismo eventual se queremos menú palindrótico total ou parcial.


PALINDROLATRÍA: Adoración silenciosa, clandestina e ilegal polo devir palindrítmico.


PALINDROPATÍA: Obsesión enfermiza por fabricar palíndromos, estando como están xa todos inventados polo idioma. É importante lembrar que o palíndromo non se crea, dáse con el.


PALINDROFAXIA: Costume literario adquirido segundo o cal o lector compulsivo só disfruta engulindo palíndromos.


PALINDROLISE: Non é unha parálise palindrómica, non. Nese caso sería unha palindrálise, que trataremos máis adiante. A palindrolise é a descomposición dun palíndromo nas súas santas partes, propiciando que os elementos máis pesados vaian ao fondo da cuestión que sexa, quedando o resto purificado na máis absoluta levidade.


APOTEOSE PALÍNDRICA: A festa rachada que se monta cando se encontran casualmente nun mesmo lugar un ou máis palindromaníacos.



ociberrebico











13 abr 2013

PALINDRONARIO 1



PALINDRONARIO: Breve dicionario de palíndromos, dados sen máis orde que a marcada polo azar do achado.


PALINDRÓPOLE: Gran megalópole dos palíndromos coñecidos e aínda por coñecer de todo o mundo mundial.


PALINDROSOFÍA: Coñecemento baseado na verdade irrefutable do encontro palindrómico.


PALINDROFOBIA: Aversión innata ou adquirida ao pensamento palíndrico.


PALINDROFILIA: Afección desmedida e sen control ao pensamento palíndrico.


PALINDROLÍO: Confusión mental orixinada pola procura teimuda e carente de método de palíndromos autóctonos aínda descoñecidos.


PALINDROCOLONIA: Territorio mental dos mergulladores da linguaxe obsesionados pola captura de palíndromos de gran tamaño.


PALINDROMIÑO: Palíndromo moi moi prqueniño de 2 ou 3 letras, tipo SOS


PALINDRAXE: Rede de palíndromos enriquecidos con uranio mental  que cuestionan toda autoridade civil, militar, eclesiástica, emotiva ou intelectual.

(se nos deixan, seguirá)










6 abr 2013

bilinghuismo ibérico








polo día, casteñol
e
pola noite, espallano


(recebo a base de landras)

(sacrificio aséptico no matadeiro de idiomas)









28 mar 2013

profundismos





Son o suficientemente feo  e o suficientemente baixo como para triunfar por min mesmo.

O universo no é máis que unha idea transitoria na mente de Deus. É un fermoso pensamento, aínda que bastante incómodo, sobre todo se acabas de pagar o anticipo dunha casa.

Só se vive unha vez, pero una vez é máis que suficiente se se fai ben.

Os meus pais no soían baterme; fixérono só unha vez: empezaron en Febreiro de 1940 e remataron en Maio do 43.

A inactividade sexual é perigosa, produce cornos.

O negocio mas exposto á creba é o da cristalería.

A marihuana causa amnesia e... outras cousas que no lembro.

Hai dous tipos de persoas: os bos e os malos. Os bos dormen ben, pero os malos parece que o pasan mellor cuando están espertos.

A única maneira de ser feliz é que che guste sufrir.

Hai estudantes que os amola ir ao hipódromo e ver que mesmo os cabalos conseguen rematar a carreira.

O diñero non dá a felicidade, pero procura unha sensación tan parecida, que necesita un especialista moi avanzado para verificar a diferencia.

Interésame o futuro porque é o sitio onde vou  pasar o resto da miña vida.

Algúns matrimonios acaban ben, outros duran toda a vida.

O home consta de mente e corpo, pero o corpo é o único que se divirte. 

O sexo é o máis divertido que fixen sen que me dese a risa. (Annie Hall)

Non só de pan vive o homre. De vez en cando, tamén necesita un trago.

Gústame  ler pornografía en Braille. (Bananas)

En realidade,  prefiro a ciencia á relixión. Se me dan a escoller entre Deus e o aire acondicionado,  quedo co aire.

O diabético non pode ir de lúa de mel.

A música xaponesa é unha tortura chinesa.

O mago fixo un xesto e desapareceu a fame, fixo outro xesto e desapareceu a inxustiza, fixo outro xesto e  acabou a guerra, o político fixo un xesto e desapareceu o mago.

Para ti son ateo. Para Deus, son a fiel oposición.

Téñase presente tamén que para o amante a amada é sempre o máis belo obxecto imaxinable, se ben para un estraño resultará indistinguible de cualquera variedade de salmónidos. 

Cando escoito  Wagner durante máis de media hora éntranme  ganas de invadir Polonia. 

Ti usas o sexo para expresar calquera emoción menos amor.


Perliñas extraídas de Woody Allen