28 dic 2011

indulxencias plenarias

MICROTESE MONOLOGADA SOBRE A TELEPATÍA APÁTICA

Antes prefiro morrer que levarme ben contigo.
Estar a ben contigo é aburridísimo!
Non te decatas que somos dous polos que se atraen autorepeléndose?
Si, dous pólos magnéticos e dous polos de granxa.
O día que ti cantes eu chorarei de rabia / e o día que ti chores sabereino porque mepezará a caer sobre min unha fina chuvia diamantina que me poñerá ao bordo dun ataque de dentes.
Así que non hai moito que facerlle.
Ben, quero dicir, por facer está aínda todo. Todo agás firmar unha tregua.
Sería soporífero.
Non o esquezas, mentres haxa posibilidade, por mínima que sexa, de guerra, haberá esperanza para dar e tomar.
Ata nunca, meu. Disfruta dos teus amores mentres che duren. Saca todo o partido posible destas conexións mentais só aptas para privilexiados.
Saborea a modo o meu odio, é unico.Está deseñado nos máis altos fornos da demolición e acada temperaturas só medibles polos espectrógrafos do desespero.
Os meus beixos cadavéricos deixarán tatuaxes polícromas en todos e cada un dos teus peros e non  che serán abondas todas as peras que poidas almacenar na memoria interna do teu corazón desastre.
Sabereino todo de ti no máis absoluto silencio.
Así que xa podes ir improvisando calquera estereofonía en cacofonía interferida para bloquear a emisión.
Boas ondas para tod@as?  Estupendo! E canto máis expansivas, mellor!

A túa única odiante e odiada EU.

orella interferida




4 dic 2011

mira a ver






coma gráfico

&

lipotimia de linotipia

&

hipotermia mental





28 nov 2011

traducións con virus atrasados

Ben, querido lector, o que vas ler a continuación son paráfrases fonéticas de títulos de libros inmortais, a ver se entre todos conseguimos darlles a última estocada letal. Feliz alucinaxe!

62 modelo para armar: 69 modelo para montar


El libro de Manuel: O indio de Miguel


Un tal Lucas: Un tal Pupas


La colmena: A granxa da pena


As flores do mal: as peores en plan floral


Gasolina e outros poemas: Golosinas pa las nenas


La realidad y el deseo: A realeza é un cachondeo


La voz a ti debida: A noz a ti partida


Memorias de ultratumba: Cenorias de catacumba


Don Quijote de la Mancha: Don bigote dando a vara


La vida es sueño: Arriba o cú! ( este quedou un pouco raro)


El gran gatsbi: o gran da risa 


Cien años de soledad: Un ano de verdá vale máis que cen de merda


Rebelión en la granja: Revolución por instancia


Menosprecio de corte y alabanza de aldea: Que baixen os prezos no corte e a aldea deus a dea


De catro a catro: De fiasco en fiasco


Cantares gallegos: Cantos ares labregos!


Follas novas: Follas ou non vas




E agora con autores

Rosalía de Castro: Rosa lía un petardo


Julio Cortázar: Puro corte ao azar


Vicente Huidobro: Mi mente un estorbo


O rei Don Denis: Vén paquí, chafarís


Cesare Pavese: Métete con ese


Pedro Ruiz de Alarcón: Colibrí de sifón


Miguel de Luna: Todo pluma


Miguel de Cervantes: Pensáralo antes


Miguel de Unamuno: Esotérico e cabruno


Eduardo Pondal: Canto andou á final!


Octavio Paz: O cravo en sal


Alan Guinsberg: Ala e que te guinden / Guinsberg, mamón, bebe viño peleón!










ata máis ver



13 nov 2011

Natacha Atlas - Mon amie la rose




On est bien peu de choses
Et mon amie la rose me l'a dit ce matin
A l'aurore je suis née
Baptisée de rosée
Je me suis épanouie
Heureuse et amoureuse
Au rayon du soleil
Je me suis fermée la nuit
Me suis reveillée vieillie
Pourtant j'etais trés belle
Oui j'etais la plus belle
Des fleurs de ton jardin
On est bien peu de choses
Et mon amie la rose me l'a dit ce matin
Vois le dieu qui m'a faite
M'a fait courber la tête
Et je sens que je tombe
Et je sens que je tombe
Mon coeur est presque nu
J'ai le pied dans la tombe
Déjà je ne suis plus...
Tu m'admirais que hier
Et je serais poussière
Pour toujours demain
On est bien peu de choses
Et mon amie la rose est morte ce matin
La lune cette nuit
A veillé mon amie
Moi en rêve j'ai vu
Eblouissant et nu
Son âme qui dansait
Bien au-delà du nu
Et qui me sourait
Croit celui qui peut croire
Moi j'ai besoin d'espoir
Sinon je ne suis rien
On est bien peu de choses...

11 nov 2011

NACIONALISMO



NACIONALISMO

Abaixo todas as nacións,
dixo aquela especie de mendigo.
Todas?
Todas
Todas, agás aquela
que dea boa sombra

MANUEL RIVAS