31 oct. 2011

epitafios gloriosos

GROUCHO MARX: Disculpe que non me levante, señora.

UNAMUNO: Só lle pido a deus que teña piedade coa alma deste ateo.

JOHANN SEBASTIAN BACH: Dende aquí non se me ocorre ningunha fuga.

UN HOME Á SÚA SOGRA: Tanta paz encontres como tranquilidade me deixas.

ANÓNIMO: Díxenvos que estaba moi enfermo.

OUTRO ANÓNIMO: Xa vos dicía eu que este médico non era de fiar.

ANÓNIMA mandou escribir na lápida do seu amado: Aquí xace o meu home, á fin teso.

AMIN DADÁ: Como me levante!

NA PORTA DUN CEMITERIO CATALÁN: Arriba, vagos, que a terra é para quen a traballa!

TUMBA DUN LUDÓPATA: Game over.

NA TUMBA DUN MOI FEO: Á fin  polvo!

IDEAL PARA A TUMBA DE GILA: É a morte? Que se poña!

NA TUMBA DA POESÍA TIPO LADILLA DE TRAVESTÍ: A poesía palmou e fun eu quen a matou.


planetal

30 oct. 2011

fariña do forno

estábachevos eu bebendo un té te re té
non se sabe ben con quen
un té verde con olivas de limón
e unhas pingas de algo chingón
e non pode dicirse que fixesemos nada
alén de darlle cháchara ao té
e velaquí que pasou
unha piragua de pé
sobre unha punta
plis plas
atravesando o paso de peóns da avenida
á altura da Favorita
e a longa avenida trazada a cartabón
inclinouse uns graos imperceptibles
para quen non bebe té
sobre o seu eixo
e a humidade
empezou a cubrilo todo de verde veleno
e musgo cósmico
e nada
morremos todos
electrocutados
en colapso sicotrónico
e nin enterro houbo
que a min non me gustan
e non penso ir nin ao meu
e ademáis
non está o bolo para...
fornos.



Castelao: Dama con abano. Óleo



23 oct. 2011

teño medo!

algo chungo, chungo
nos persegue
para chucharnos
estamos a bordo dun barco
pilotado por un imbecivilizado
andamos á procura
dun recunchiño para agocharnos
moi lonxe da "realidade"
deste barco-quenlla
ui, que medo!



Gaudí: detalle


16 oct. 2011

proto-tipo M



nada substancialmente muda
en calquera momento
darannos de postre xel de escamas de peixe
con batido de pacotilla
e diremos que ilusión!
Hoxe érgome tarde
Pola tarde hai revolución


progrom para o futuro 

1. pola noite: festa rachada. Asemblea plenaria.

2. durmir toda a mañá: que traballen os matalotes con contratos fixos e eventuais.

3. ao mediodía: consultar a cotización e poñer en valor a carnaza dos expositores.

4. á tardiña, despois de estar toda a tarde sen rañala, regar as floriñas das amadas.

5. se dá tempo, concertar citas fantasmas.

6. fin de semana: adicarse en corpo e alma a cantar cara ao sol.


a cotización do quilo
de desnudo feminino
seguirá en alza
no mosaico
dos escaparates “gratuítos”
da mediocridade


(todo listo para cambiar o xusto para que nada cambie)


escada mecánica ao paraíso