31 oct 2011

epitafios gloriosos

GROUCHO MARX: Disculpe que non me levante, señora.

UNAMUNO: Só lle pido a deus que teña piedade coa alma deste ateo.

JOHANN SEBASTIAN BACH: Dende aquí non se me ocorre ningunha fuga.

UN HOME Á SÚA SOGRA: Tanta paz encontres como tranquilidade me deixas.

ANÓNIMO: Díxenvos que estaba moi enfermo.

OUTRO ANÓNIMO: Xa vos dicía eu que este médico non era de fiar.

ANÓNIMA mandou escribir na lápida do seu amado: Aquí xace o meu home, á fin teso.

AMIN DADÁ: Como me levante!

NA PORTA DUN CEMITERIO CATALÁN: Arriba, vagos, que a terra é para quen a traballa!

TUMBA DUN LUDÓPATA: Game over.

NA TUMBA DUN MOI FEO: Á fin  polvo!

IDEAL PARA A TUMBA DE GILA: É a morte? Que se poña!

NA TUMBA DA POESÍA TIPO LADILLA DE TRAVESTÍ: A poesía palmou e fun eu quen a matou.


planetal

2 comentarios:

poesiapopi dijo...

Gústanme, Sara. Sobre todo o último.Lémbrame a época de Rompente e os recitais a base de bocatas de chourizo!

seara dijo...

je,je, eses ladillas do travestí fixeron historia nos oitenta. Que maneira de escribir! ben, daquela había máis capacidadade e tamén máis gana de montala. A escrita era case para nós unha selva virxe na que dabamos con todo tipo de situacións excitantes que nos poñían os pelos de punta e a lingua a alta voltaxe. Algo semella ter sedimentado.