non se sabe ben con quen
un té verde con olivas de limón
e unhas pingas de algo chingón
e non pode dicirse que fixesemos nada
alén de darlle cháchara ao té
e velaquí que pasou
unha piragua de pé
sobre unha punta
plis plas
atravesando o paso de peóns da avenida
á altura da Favorita
e a longa avenida trazada a cartabón
inclinouse uns graos imperceptibles
para quen non bebe té
sobre o seu eixo
e a humidade
empezou a cubrilo todo de verde veleno
e musgo cósmico
e nada
morremos todos
electrocutados
en colapso sicotrónico
e nin enterro houbo
que a min non me gustan
e non penso ir nin ao meu
e ademáis
non está o bolo para...
fornos.
Castelao: Dama con abano. Óleo |
1 comentario:
Boa fariña, Sara. Hai que ver, o efecto prospectivo das piraguas pode ser demoedor. Ben se ve que combinado co té o único que nos queda é morrer de fame síquica, ou será de fame emocional?
Publicar un comentario