28 feb. 2011

TALLADAS

estás nunha praia
ti e máis xente
é case noite
a praia é pequena
ten forma de cuncha e moitos penedos
caes na conta  que chegastes alí fuxindo de algo
sodes un grupo de fuxidos


soa un teléfono 
incrustado nunha das rochas
que a marea baixa deixou en seco
descolgas e alguén che fala


diche que tendes que liscar de maneira rápida e clara
unha patrulla saiu buscarvos e segue  o voso rastro


dáslle as grazas por avisar
a voz descoñecida ten algo familiar
a maneira de enfiar as palabras
antes de colgar preguntas con quen falas
a voz contesta: con ninguén,
escapa!


22 feb. 2011

ALQUIMIA DO DESEXO

PASO 0: Concédete a ti mesmo PERMISO para desexar.
PASO 1: Usa o PRESENTE
PASO 2: Formúlao en POSITIVO
PASO 3: O que desexes tes que querelo SINCERAMENTE, sen autoenganos.
PASO 4: A realización do desexo ten que DEPENDER DE TI. Calquera expectativa posta noutra persoa  está condenada ao fracaso
PASO 5: Formula unha imaxe mental do desexo. CRÉAO.
PASO 6: Engádelle EMOCIÓN. Canta máis carga emocional lle poñas máis fácil será atraer o que desexas

Fonte: Icíar Piera Iglesias: Coach Personal.


veta...filón mineral...vea...de cuarzo

18 feb. 2011

MICRÓNS




MICRÓNS DE DISCONFORMIDADE



a morte vence a vida / o amor vence a morte

pirateando = pírate andando

voando ando a nado.........dando

algo de min morre decote / no seu lugar nace de ti algo

apréndeme sen prenderme/ ensíname sen asasinarme
fago palabras de chuvia para calar ata os ósos


conformes coa disconformidade nunca ousaremos deixar de ser informes innnnnformes


autocompracidos na anticompracencia, nunca poderemos comparecer...com???aparecer


mensaxe pro-vida: unha vida privada privada de vida é unha privida e debería estar proivida



 a túa prisión en réxime aberto  impide que eu cumpra  cadea perpetua na sexta galería



fabrico sentencias á vida...declároa culpable



cando miro a Marte miromeamarte

MAGISTER VOICE




Escoita a chuvia caer pinga
                          A
                            Pinga
Polas cordas vogais
A c a m a r a l e n t a
Na voz de Leonard Cohen
Inherente ao pasado
Imposiblemente presente
Cara o futuro
Caendo en cada pin
                 
                 in
                
                 ng
                 
                  a


Un arcodavella con todas as cores
Nun fluído azulmalvado
A voz ecoando sen présa polo eco
                           silencio
                           son exacto
                         
dunha aproximación
Esmaltando o tempo demorado
No caracol do son
Evoluíndo precisas, a chuvia, a voz
Escorregando pola liña curva destinada sempre a atoparse
Consigo mesma.

Grazas, garzas
Que voades na distancia
Como esa voz na lembranza inequívoca.
Cada dente de león, unha canción
Cada canción, un marco
Cada marco, un póster de realidade
Anque non saibamos exactamente como seguir
Sabemos que sempre é a mesma canción
Sen redundar
Sen apañar máis que sorrisos transmigrados
Dunha era a unha nación
Que non é
Senón unha canción ecoando viva
Tan viva como os 10.000 anos da árbore…do ser vivo…máis lonxevo do planeta

Apréndeme a dicir para calar
Apréndeme a proxectar o meu eu cara a desintegración total e absoluta do meu ser que treme cando a voz del irrompe, o home, preguntando sombra sobre non sei que de cómo, de cando, de por que si e por que non

Grazas por non entendermos nada
Grazas por deprimirnos ata afogar
Emerxeremos sedentos de optimismo
Sóbrannos sarcasmos, ironías e outras retrancas
Esa maneira autóctona de irmos marchando
Ámovos
Latas de voz
Que conservades intacta
A intención

CICLOS


Deja vu

viaxaba por camiños de ferro ,
en vagos vagóns  marróns
de trens non precisamente cheos de castañas
camiñaba envolta nunha saia pétala
algas nos cabelos
ollada trasatlántica.

Non podía ser ningún lugar agás Montevideo
nunca visitada
ela debruzada na tarde
como un debuxo a rotulador vermello por fin asumido
correctora incansable
corredora verde lóstrego arnal aínda non vencida
Janis universal
Joplin chea de sol e de mapoulas
disque subsistes nun recuncho sen mapas
seica dicías  verba,
verba verdello no cemiterio de Bonaval
por onde sempre entraron os peregrinos
bocoi de viño & polbo rústico
maresía
perda
avións
e sempre os camiños de ferro
como cando cecais soñabas de novo verbas verdes longas coma  ragas,
India permanente,
isto é moito mellor que Erick Sati e máis eu xuntos tomando menta con Simbad nun recuncho do mundo que por estar disque está na mesmísima euroescoria

máxica e tráxica.

Que veña o día.
Que chegue o día en que te queira
coma a tixola ama o lume na caverna
como o fento ama a pedra que o transformou en ecuación.

A vida sempre insiste
porque existe
independentemente
irreal.


rede de paráfrases


malla 1

O xeo eivado da invernía
Converte o meu corazón nun descampado
A gorxa perfurada dos reloxos
Tece un seudoveo de acougo ensimismado
Anguriados e dubidosos segundos latexan espreitantes
E trócanse en  redes de días
Moitos ollos de Cíclope me espían
axexantes
Sixilosos
A noite é unha megafonía afónica
A longa noite é unha siniestra batería

(O can danado, C.E.F)

PÍLULA DA FELICIDADE EVENTUAL

"desculpen mentres beixo o céo"






oír        escoitar        


amar profundamente


de cando en vez


jimi hendrix


ata derreterse