isto pásanos por arrebolar a terra na galaxia & a miña, é música eléctrica de igrexa & gustaría de facer unha música tan perfecta que puidese penetrar no corpo e curar as enfermidades & os bos imitadores imitan mesmo os erros
28 sept 2011
27 sept 2011
galiñadas de granxa
o gallito presume de ovos
pero quen llos pon é a galiña
aforismos e contraaforismos sobre os puntos de vista do galo e da galiña
24 sept 2011
22 sept 2011
que lata!
a
des
nudez
envasada a
módico prezo
para ereccións
programadas é ou
tra máscara asu ))}}
stada axustada as
fixiante tira con
ela oh, civili
zado!se é
que que
res re
spir
ar
b
e
n
des
nudez
envasada a
módico prezo
para ereccións
programadas é ou
tra máscara asu ))}}
stada axustada as
fixiante tira con
ela oh, civili
zado!se é
que que
res re
spir
ar
b
e
n
20 sept 2011
mercado global
Non me dá a gana facer coa miseria
produtos para o mercado
de bacterias síquicas
que son?
bacterias síquicas son
todo aquilo que me aporta morte
envasada ao vacío
produtos para o mercado
de bacterias síquicas
que son?
bacterias síquicas son
todo aquilo que me aporta morte
envasada ao vacío
18 sept 2011
sinais
Mensaxe diáfana da computadora:
Eu son a fábrica de espectativas
Para os grandes almacéns da frustración.
6 sept 2011
miraquemono!
Cando era pequeniña, analfabeta e felizmente indocumentada, pensaba que había palabriñas bonitas e palabronas feas, palabras con pichos e palabras peludas que me poñían os peliños de punta.
Pero medrei, non moito, e tiven que ingresar na escola para aprender a ler e escribir e moitas outras cousas obtusas. Non contenta con iso, seguín os meus estudos a trancas e barrancas porque non acababan de interesarme como é debido, como a min me gusta que me interesen as cousas que por unha razón ou outra fago.
E fixen o bacharelato por letras, copiando coma unha anana e improvisando como unha auténtica as do jazz. E debinlle coller o tranganillo porque non parei con esa macana ata que conseguín lincenciarme en filoloxía hispánica, rama galego-portugués. Eu realmente o que quería era ser artista e pensaba que para iso había que estudar Belas Artes, pero en Galiza non había; había que ir a Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla. E as miñas posibilidades económicas facían de todos eles destinos remotos. Así é que me adecuei ao que aquí había.
Academica e intelectualmente a univerdade foi unha das experiencias máis frustrantes que lle poden pasar a unha persoa intelixente e sensible coma min. Menos mal que algo pola miña conta lin e facendo resumos e esquemas adecuados á miña obtusa personalidade, puiden entender nocións básicas sobre o máis marabilloso invento comunal do ser humano: a linguaxe. Pois ben, ata tal punto me sumerxín nas engrenaxes que moven a actividade lingüística , que se tivese que prepararme de novo nalgunha disciplina universitaria, non dubidaría en facelo pola banda da Lingüística, porque como ben me ensinaron os anos, quen entende de linguaxe ten as ferramentas adecuadas para poder entender todo o que dela se deriva.
Cando me quixen dar conta, decateime que sen saber como nin cando exactamente as palabras perderan para min os marabillosos atributos que lles concedera na máis tenra infancia e xa non eran bonitas, nin feas, nin peludas, nin tiñan pinchos. Por ter, non tiñan nada e eran só compoñentes harmónicos a analizar por un espectrógrafo, morfemas e lexemas, funcións sintácticas, rimas e ritmo e medida. E combinatoria, e sintaxe, e montaxe. E información implícita e explícita. E claro, a maxia quedou esvaecida. A cambio conseguín que con elas fose cada vez máis difícil que ninguén me camelase. Non sei se pagou a pena o troco, pero supoño que a estas alturas non hai moito que facerlle.
Entón, como é que hai textos que nos repudian e outros que nos atraen como poderosos imáns se non hai bonitura nin fealdade nas palabras?
3 sept 2011
FACEFUCK!
Este grandioso negocio do ocioodio
global
recauchutando os meus sentimentos
convérteos
en pequenos cortes publicitarios
nunha exhibición intermitente
de desnudez enlatada e
antinatural
é como se detrás de cada xesto
detrás de cada texto
de cada comentario impersoal
houbese só autómatas
programados para a captura de opinión nómada
coa noxenta intención
de dirixila e recreala
no limitado enfoque da granxa das pantallas
cada ovella co seu rabaño
todo o mundo de volta ao rego
viva a revolución!
gran bluf!
facefuck!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)