isto pásanos por arrebolar a terra na galaxia & a miña, é música eléctrica de igrexa & gustaría de facer unha música tan perfecta que puidese penetrar no corpo e curar as enfermidades & os bos imitadores imitan mesmo os erros
28 feb 2012
18 feb 2012
refráns tuneados
- as malas pulgas aniñan onde non hai ideas do xeito
- deus debería darlle lobos a quen non ten dentes
- a árbore sempre é o que vén de ráiz
- quen deita cun papa mollado se levanta
- a pequenos grans grandes miserias
- non fai falta cocer as plumas
- hai que mallar no pai antes de que se faga o interesante
- carne crúa devora vérmes
- pel vermella non usa queratina
- onde hai ameixas sobran alexandrinos
- pelos caídos déixaos ir
- o balcón da veciña sempre ten flores
- non todo o que brilla é monte
- vivir de erros alleos dá de comer horrores
- o caimán quere coxegas de nécora arrepentida
- can peiteado quere raia torta
- amor morto non era amor, era tontería
- alúganse noivos de reposto case sen usar
- nunca choveu que non mollara
- beixos en lata anubran monóculos visionarios
- tanto ten o que coma o como
- os medios din máis que os obxectivos
- a explosións silenciosas silencios expansivos
- quedar co cú ao aire produce catarreira histórica
Peliqueiros de Laza Armando Salas |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)