nº1
o sol que nunca se pon
no imperio da pasividade
todo o enferruxa
co seu fulgor
cego e autocompracido
nº2
sociedade de
espectadoresconsumidoresemisorestransmisorespropagadores
especulistas especuladores do real vivo reconvertidos en
produto morto e negociable
magníficos actorazos e actrizotas actrizazas
vedettes
champú
e sincronías por telepatía
cableada ao módico prezo dos rosarios vía satélite
nº3
o que existe non aparece
xa está aí de sempre
aparece o que non existe e ponse a actuar
con ou sen guíon
e produce-consome é consumido polo espectáculo
porque a única mensaxe é o medio
que carece de finalidade
e non alumea máis que a si mesmo
incandescente
non hai noite
non hai tregua
non hai apagón
un novo canellón sen saída
o ollo insomne
do puro idiotismo, perdón, hipnotismo
xestionado parece que por ninguén
pero nunca autoxestionario
nº4
o espectáculo é a negación do diálogo
a vida concreta volta unha especulación
o gardián do soño
a maneira en que a orde establecida monologa consigo mesma
o orgasmo eléctrico é total
pura arte masturbatoria
en forma de autopublicidade morbosa
nº5
a distancia é o principio e a fin do espectáculo
todo está permitido mentras se mova no terreo do imposible
é o sistema económico fundamentado no isolamento
o espectador non acha o seu lugar en ningures porque o espectáculo
o abrangue todo
o espectáculo é o capital transformado en imaxes
.......e imos parando, que cinco doses seguidas poden crear a súbita sensación de sermos imbéciles dende o nacemento ata o cemiterio
A fórmula maxistral destas pílulas desenvólvea con moito pormenor Guy Debord no seu ensaio A sociedade do espectáculo,1967. Este texto serve de base para o documental dirixido polo autor: La societé du spectacle, colgado por Naranjas de Hiroshima en youtube.