Humano. The Game
O guión de Humano . The game // Humano, o Xogo. Acabouse de crear a semana do 20 de Maio do 2009.
Así comeza: En cautividade durante nove meses, decoñecendo os eventos que te deparará o destino. Aínda ousas enfrontarte á hostilidade do mundo exterior?. Non estás preparado.
Viñeron ao noso barrio representar a obra no centro cívico. A sala estaba practicamente baleira. A maior parte do público eran xubilados. O menos indicado.
É un tipo de teatro de combate con poucos medios técnicos, pero moi ben utilizados, contra a explotación do ser humano nos duros termos en que hoxe se expresa. A posta en escena é dura e non promove precisamenta a hilaridade. A linguaxe procaz e obscena escandalizou as vellas, algunhas marcharon antes de que acabase a representación alegando que non aguantabas das pernas. (Non debían contar con isto os organizadores?)
A min deume a vida quedar ata a final, que é na única parte da obra onde se vislumbra a saída a tanto horror programado. O humano decide desconectarse e empezar a vivir (como as vellas)
De todas as escenas executadas no escenario hai unha maxistral que eu titularía a negra soidade dos cables. Os actores enuncian en alto os típicos diálogos, monólogos exteriores, dos chats de internet. O resultado é delirante. Hai un personaxe (anónimo con perfil manipulado) que o único discurso que ten é: "alguén quere follar?, alguén quere sexo tántrico telefónico?" é patético.
Menos mal que quedei ata a final
No hay comentarios.:
Publicar un comentario