bico bancario do Fode o Mundo Inteiro |
SECUENCIA 1: Ela baixa todos os días ao soto para ver se a matan dun subidón.
SECUENCIA 2: El sobe todos os días ao faiado para ver se aínda segue viva.
ACLARACIÓN PRELIMINAR: A casa non está habitada pero alguén misteriosamente segue pagando a contribución.
DESENLACE: Nunca chegaron a tocarse nin un pelo da roupa por medo catódico a contaxiarse non se sabe moi ben o que.
COMENTARIOS
DO GUIONISTA ASOMBRADO DE SI MESMO: Vaia par de memos!
DUN HIPOTÉTICO ESPECTADOR: Se o sei non veño!
DUNHA VELLA QUE PASABA POR ALÍ: Que rariños son os mozos de agora!
DUN ADÚLTERO ESCÉPTICO DA SÚA CONDICIÓN: Así calquera baixa os pantalóns fóra da casa!
DUN ANÓNIMO MASOCA: Hai máis películas desas?
DUN SULTÁN DE PACOTILLA: Nin un pelo? Hai que ser católicos!
DUN SIQUIATRA EN PARO QUE COLABORA DESINTERESADAMENTE NO GUIÓN: Facede o favor, tomade a medicación!
COMENTARIO CHAMÁNICO: Quen vos pariu que vos lamba!
DUN HIPPIE CONXELADO NO TEMPO: Que colgaos! Arrimá palá, Susi, que o estou flipando!
ETZ..... ETC...... ETCH.....ETK..... ETEA
6 comentarios:
Muy buena peli, cre cre creck o que se ha acertado en todor, incluso en lo sugestivo de las bom bom billas de colorines pastelito pant pink pantera del fondo fond del esc enario. Muy merc enario.
..sobr e tod lo del contag io ocurrent e nunca se sabe, incluso cuando se tien e certez a cereza de lo que pued ede ocurrire/bis/estantibus.
eu creo que debería rodarse en branca e negra e gris, moita gris
Dado o escabroso do tema o uso de cores non faría máis que crispar a noxenta situación.
Esa cor gris, Angola, trátase da gris París?
Ai, non! estamos a falar da gris Mondariz.
Publicar un comentario