Este grandioso negocio do ocioodio
global
recauchutando os meus sentimentos
convérteos
en pequenos cortes publicitarios
nunha exhibición intermitente
de desnudez enlatada e
antinatural
é como se detrás de cada xesto
detrás de cada texto
de cada comentario impersoal
houbese só autómatas
programados para a captura de opinión nómada
coa noxenta intención
de dirixila e recreala
no limitado enfoque da granxa das pantallas
cada ovella co seu rabaño
todo o mundo de volta ao rego
viva a revolución!
gran bluf!
facefuck!
7 comentarios:
Ostias, Sara, estás ben? Isto é rompecorazonador! De veras sentes iso?
Non te preocupes, nada grave.
Todo ben.
Pasou algo chungo e eu aínda caín?
O que pasou está pasando e seguirá a pasar así que é como se non pasase. Ou sexa, pasando, que é xerundio. Doulle a razón a quen fixo esta entrada. Nunca sabemos cando nin onde nin por que, pero as posibilidades de estar entre os produtos dun escaparate onde todo se compra e todo se vende é cada vez máis evidente.
Estupendo. Iso centra, e moito, o noso labor. Hai que montar artefactos indesexables para o mercado. Máis que indesexables. Auténticos virus manobrando na escuridade, non é Sara?
Iso é. Deches no cravo, meu. E se porriba o artefacto nos deixa que nindiola, mellor. Canto menos, conséguese o efecto terapéutico.
Publicar un comentario