21 ene 2012

paráfrase de min



debería algunha vez eu
chamar por min moi seriamente
e preguntar a todas as cunchas esfrangulladas do meu eu
serenamente
onde van as flores que nunca abriron
onde as sementes
das que terían que ter xermolado
os meus máis ledos pensamentos 
inocentes
podería eu por min chamar
algunha vez
lucidamente
e demandar por correo unha
toma de terra que me asente
niso que coido ser
e que probablemente
non consiga diferenciar
do que o resto da xente é

poedría eu formularme unha cuestión
máis que transparente
para os mapas onde xacen agochadas
as cartografías máis internas da miña mente escindida
en mundos indiferentes
e ao mesmo tempo
un único mundo displicente
alí onde incido unha e outra vez
de maneira louca e intermitente

si, debería eu procurar un número que fose meu
e chamarme e preguntarme
como anda todo no cemento do cemiterio
e na diáspora de min mesma
sempre perseguindo as aves vivas do presente continuo
en que me perdes
porque entre os dous hai un río de lodo
fosforescente
e un volcan de lava deterxente.........








3 comentarios:

sociedaddediletantes.blogspot.com.es dijo...

No he podido entenderlo bien del todo, pero me parece muy hermoso este poema/reflexión. Me disculpas si te pido una traducción a mi lengua, por favor -no quiero perder su significado por mi desconocimiento de matices en tu lengua-

seara dijo...

O importante é a idea básica. Estou segura que poderás inventarlle unha chea de matices interesantes. Grazas polo cumprido, non se merece.

sociedaddediletantes.blogspot.com.es dijo...

Grazas, Sara. Sí se merece