Hai unha expectación semellante á dunha macromanifestación
Hai unha casa abandonada. Entras.
Dentro está escuro, en penumbra. Apenas entra luz polas contras entornadas.
Hai moitos cuartos coas portas pechadas. Po e abandono por todos lados.
Avanzas por un longo corredor tatuado de teas de araña.
Empezas a abrir portas que dan a ningures, quedas arrepiando.
Ábrese soa unha porta dun cuarto referenciado. Está moi escuro.
Acércaste á ventá, abres a contra.
Algo pendura do teito.
É un aforcado en erección.
Esquivas a súa ollada petrificada.
Saes horrorizada correndo.
Buscas rápido un dicionario de soños.
Procuras a palabra aforcado, non vén.
Probas entón coa palabra forca, tampouco.
Mudas de dicionario, colles un máis groso e ilustrado.
Por fin, aparece: Non se deixe levar pola depresión, é un profunfo furado.
Pechas o libro. Preparas un café ben quente.
Mellor esquecelo todo.
Na poza negra da taza oscila difuso o movemento dunha corda tensa en vertical.
Bebes todo ata o pouso.
O pouso queda sen tradución.
O aviso está formulado.
Que facer con semellante mandado?
Nada, seguir soñando.
Ata a próxima explosión de realidade sen marco.
Ata a seguinte deflagración.
2 comentarios:
http://neuronaeclosion.blogspot.com/
Abro los ojos y veo un mosquito, chiquito, pegadito a mi nariz. Me habla y cuando esto hace yo comienzo a soñar. Me pica y cuando esto hace, mi nariz se hincha. Maldito picorr (ror).
Maldito bichito de sueñito.
mosquito tse tse ese, Jaus, déixamo un momento!
Publicar un comentario