1. Para ser cidadán do mundo é necesario primeiro ser persoa, persoa íntegra, sen mutilacións nin eivas.
2. Para ser persoa completa necesitas identificarte cos que te rodean de maneira inmediata. Non hai máis mundo a transformar que aquel en que vives a cotío: parella, familia, amigos, traballo, escola, mercado, barrio, cidade. Pretender incidir máis alá é pura palla mental.
3. Para transgredir os límites, ten que haber uns límites consensuados, coñecidos, asumidos previamente.
4. A nacionalidade e a cultura propias correctamente asumidas son un pasaporte para a mente cosmopolita. A mente cosmopolita é un pasaporte para a conciencia universal. A conciencia universal é a porta cósmica.
5. A conciencia cósmica anularía todas as consideracións anteriores se non necesitase dunha lingua para expresarse, dun territorio para actuar, dun pasado para extraer coñecemento e capacidade de reflexión e dun presente referenciado nun proxecto que poida desenvolverse cara o futuro
6. Somos humanos, necesitamos referencias. Cada quen ten que identificarse con aquelo que pretende transformar. Pretender influír en algo que descoñecemos e que percibimos como alleo é quimera de pantasmas. Permitir que algo que non entendemos promova cambios en nós, é invasión e colonialismo castrante e inútil.
CONCLUSIÓN: PARA SAÍR AO MUNDO HAI QUE FACELO DENDE ALGÚN LADO. ESA SAÍDA NON PODE SER UNHA FUXIDA, SENÓN UNHA EXPANSIÓN.
o mundo ten idioma políglota diversidade biolóxica e cultural amor pola variación que permite o xogo dos cambios evolución |
No hay comentarios.:
Publicar un comentario