Que carallo pasa nesta cidade?
Canto tempo máis imos seguir aturando a cementocracia de cemiterio?
Será certo que estas coordenadas están gafadas?
Mira que hai xente competente e preparada!
Pois nada, todo o santo día de hoxe e de onte colgando material moi riquiño no feisbuc mentres nos dan polo cú a todos.
Unha liada a nivel internacional montada que resucitan mesmo os mortos e resulta que nesta encrucillada patética non facemos nada sen os permisos pertinentes do mangante de turno.
Que se vai pedir a unha poboación que cando te oe falar en galego deduce gratuitamente un manual do BNG?
Xente que pasa o día a discutir a pertinencia ou impertinencia de utilizar tal ou cal idioma, que reivindica a cada segundo unha filiación lingüística determinada, ignorando que a lingua utilizada é o de menos e que o importante é o que se comunique con ela.
Unha vez máis está demostrado que padecemos algún mal incatalogable.
Pena me dan os rapaces que están acampados na farola, porque están bastante sós.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario