13 may 2011

XOGUIÑOS BÉLICOS

balas perdidas



empezamos un xogo sen regras
que coidabamos inocente
e cando nos quixemos dar conta
chovían pedras por todos lados
no noso propio tellado


o máis bonito do conto
é que había un rato e un gato
e ningún dos dous tiñan moi claro
quen era quen
e cando un deles coidaba ter cazado a presa
resultou que a presa tiña uñas retráctiles
coidadosamente pintadas
e quen cazou foi cazado


son cousas que pasan
cando un se pon a pescar
sen rede, nin brinca nin tanza
o peixe pasa, como o río e o tempo


e tamén aconteceu
que eramos de dieta estricta vexetariana
pero o menú diario
acabou sendo a alma do outro
ou sexa, vexetariano-caníbales
e cando o outro se resiste a ser devorado
a imperiosa necesidade de venación
pode derivar
nunha autoantropofaxia
esgotadora


isto por forza require
un desenlace rápido
pois non é nada práctico
dar continuidade
a unha espiral de vergoña disfrazada
de non se sabe que


mandaremos por vía rápida sen peaxe
esta ansia autodevorada
á papeleira de reciclaxe
practicaremos sesión intesivas
de amnesia sen anestesia


estamos seguros que non volverá suceder
nin en mil anos


é o que teñen os milagros


non admiten copias de seguridade
nin moito menos fotocopias

2 comentarios:

sociedaddediletantes.blogspot.com.es dijo...

me gustó.

angola dijo...

aunque no puedas creerlo, querida Diletante, para llegar a este punto tuve que comerme unhas cuantas magdalenas integrales con un cafecito bien caliente.