29 jun 2011

MAR ADENTRO

COPLAS BÁRBARAS
1
tanto me ten se triúnfa
ou non a revolución
teño posta a miña tenda
no centro do corazón
2
atrincheirada na vida
disparo co meu canón
balas de amor dirixidas
ao centro dunha emoción
3
os meus labios son de uranio
a lingua de enxofre eterno
fago gaivotas de estano
nos teus lamentos de neno
4
dádeme un dicionario
como único arsenal
dareivos un areal
para rezar un rosario
sen principio e sen final
5
non teño máis obxectivos
que cultivar a paixón
que envolve como unha brasa
o meu núcleo xa en fisión
6
disque vén un terremoto
aproximándose a terra
o epicentro son eu
rompendo as miñas cadeas
7
coidando que te quería
entregueime ata morrer
agora que  non te quero
a vida recuperei
8
son un ciclón de alegría
non me podo reprimir
sinto ben que a túa vida
non a queiras compartir
9
xuño é o mes das promesas
o verán está nacido
non permitirei que sexas
un calendario cocido
10
seguide pintando a mona
todo o tempo que queirades
o meu barco a toda vela
vai sulcando claridades
11
se non queredes oír
poñede un tapón no oído
o voo dos colibrís
nunca estará arrepentido
12
coas vosas terraciñas
e con cunquiñas de té
podedes facer cousiñas
sen saber moi ben o que
13
ai, que rica está a cervexa!
xa non me teño de pé
a ver que guapo di algo
que o poño do revés
14
eu bailo por bulerías
e tamén por rocanrol
bailo polo que sexa
mesmo baixo dun farol
15
creo sentir un ladrido
hai graves interferencias
se me queres dicir algo
non me deas conferencias
16
sé breve claro e directo
porque tendo a perderme
non me veñas con sermóns
mira que te volvo verde
17
alá ti coa túa usura
ben sei que non tes perdón
vou facer a manicura
que será moito mellor
18
camarero! unha de mero!
e outra de camaróns
e unha botelliña tinta
que me fai moita ilusión
19
para que non me soportes
fun ata o consulado
e alí deilles recado
de dárenche o pasaporte
20
isto non che ten remedio
nin tampouco explicación
mira que sempre me digo
olliño co corazón!
21
mira se saiu valente 
a planta da marihuana
que en menos dunha semana
vale máis que moita xente
22
e arrimada á ventá
semella unha illa durminte
entregada en corpo e alma
ao seu existir sorrinte
23
estanme saíndo lunares
redondos de seda negra
por debaixo dos encaixes
que me deu Lolo da Creba
24
mira se son inconsciente
que me esquecín de durmir
agora sei que é un demente
quen non se atreve a vivir
25
estrando de louca brisa
os recunchos da mañá
fun caer morta de risa
enriba da miña irmá
26
agora xa todo encaixa
non falta ningunha peza
tirei a que me sobraba 
e acabou o problema


27
ala! a tomar polo saco
e tamén por tuberías
deste autobús non me apeo
nin que toque a lotería


retrouso:

adeus, bandeira de gloria
adeus, batalla perdida
o mar é a miña euforia
única historia asumida





os neghros somos así



21 jun 2011

EU PASABA POR AQUÍ

Danza flamenca


Asistes a unha macroexposición de pintura vangardista no medio do monte.
O bichiños están arrepiados.
Moi cerca de alí despegan avións que van dereitiños a ningún lado.
Chove todo o tempo.
O teu peiteado arquitectónico queda reducido á mínima expresión e leva camiño de volverse minimalista.
Os ollos acaban por ver só cara adentro.
Chegas a casa colapsada.
Prendes unha lámpada de sal salmón.
O resto é penumbra tranquilizadora.
A tentas dáslle atenta ao play dunha vella cassette pirateada antes da caída do muro.
Soa atronadora a música que arranca con contundencia.
Sentes que estás afriaxada.
Recorres ao sistema máis ecolóxico e universal para entrar en calor.
Poste a bailar esquivando todo tipo de trastos.
A medida que te identificas todo mellora.
Nun momento tremendo o cantaor queda a durmir suspenso nunha vogal infinita.
O corpo traduce en sánscrito o que lle chega en arameo.
Alguén consegue comunicar o incomunicable por cable.
A vogal consegue remontar a tortuosa pendente do nada e incorpórase nun laio que se fai berro resucitado.
Pegas un brinco supersónico  e abalas pola casa adiante.
Os mobles óllante espavoridos.
As nubes baixas de po acumulado no corredor témenche máis que á aspiradora.
Son conscientes de repente que no teu xesto non albergas ningunha boa nin mala intención.
Menos mal que non sabes onde andarán o gato, o can e os cabalos.
Rinchas e ladras.
Sentes sede desértica.
Estraño combinado: a chuvia pertinaz. a pintura a toneladas, o monte desolado, os cantares de alta voltaxe, os veciños petando na parede colindante e protestando, a cervexa industrial calidade mexo de burro canso, as ganas de incordiar e pouco máis
e todo voa
flish flash

16 jun 2011

Saudando un terremoto




.... o cante non se aprende porque é cousa natural



15 jun 2011

O LÉXICO DIXITAL

Apearse non abonda: cómpre ademais que en contacto con esta montaña de pelexos, o albatros reprima o berro que impulsa as ventiscas a un divorcio inmediato.

Aínda podería engadir máis dun detalle sobre esa particular maneira que teñen as almofadas de emitir un mercurio de sarcasmo apenas as roza unha cabeleira mentireira.

E chegastes á final desas lianas-caramelo, que agroman sobre a lingua de quenqueira que ouse pronunciar o nome da esquecida?

E bolen de noite, eses parasoles de seda granadina, esas extraeamianto da primavera, eses anuarios da lebre!

Moi perverso aquel que resista o fastío corrosivo das cotorras do Labrador á procura de noxos...

Pero eu non me privo do pracer de deixar correr polo meu corpo ese chafarís de perlas negras.

En Benarés, din, unha serpe con calzón a raias comparte a miña opinión para toda a eternidade.

ROBERT BENAYOUN ( Marrocos, 1926)
in  Antología de la poesía surrealista, de Aldo Pellegrini, edit Argonauta, 1981


Añadir leyenda

4 jun 2011

Moon Over Archway




Video atopado AQUÍ


VARIACIÓN Nº 4 DUN SONETO DE BEAUDELAIRE
SONETO ATÍPICO EN QUE SE COMBINAN VERSO DE 8 E 10 SÍLABAS




O GATO

Vén , gatiño, ao meu cor amoroso,
garda as unllas da túa pata:
déixame ir por eses teus ollos,
suma de metal e de ágata.

Cando os meus dedos che acariñan
a testa e o elástico dorso,
e as miñas mans tremen compracidas
ao dar  no eléctrico corpo,

da amada sinto o espírito e a ollada
como a túa, amable besta,
profunda e fría como unha daga

e da cabeza ata os pés,
un ar subtil, un fatal perfume
cércanme o corpo de lume

CHARLES BEAUDELAIRE: Les fleurs du mal.

3 jun 2011

abaixo en vulcano

*BAJO EL VOLC�N*


o lugar onde se insatalou Factorías Vulcano
foto de 1947
co tempo acabaría converténdose no barrio obreiro de Wichitta



ANUNCIO DESPERADO


pechado por resaca revolusionaria


correo inhabilitado ata media tarde,
máis ou menos ata a hora do té


necesítanse pampos que traballen por nós en turno de día, tarde e noite


asinan: monególatras
lugar: zoolandia
capital: o gran mandril asfáltico
contacto: enganche habitual


mensaxe de anónimos 



non comparto

1. o ton intimidatorio. Esqueceron que nos move o amor e a dignidade?

2. o concepto lexionario, semella que están a falar de formigas bioprogramadas para a rebelión, ignorando o feito de que estamos bastante perdidos e que non temos nin puñetera idea de como se vai canalizar toda esta indignación

3. a carencia de pautas a seguir, nin a nivel persoal nin a ningún outro nivel

4. a focalización da revolta nun centro xeográfico que a algúns nos queda lonxe e inviable, ignorando que para crear conciencia crítica co sistema vale calquera conversa en calquera parte do mundo, sobre calquera tema, en directo ou en diferido

5. o estilo mafioso do seu discurso


estou de acordo en que:

1. somos moitos, máis dos que poden neutralizar con mentiras e cargas policiais

2. non somos todos parados ao bordo da exclusión social

3. dalgunha maneira nos estamos convertendo nun inimigo imbatible: porque somos moitos, porque somos heteroxéneos, porque estamos preparados para o porvir, porque temos vontade férrea de entendérmonos e mesmo de sobreentendérmonos, porque cada día nos sentimos máis humanos e iso dános máis forza que calquera armamento e porque somos conciencia evoluída fóra dos sistemas de control

4. cada vez o noso medo é menor e canto menos medo teñamos máis faremos tremer as columnas do poder

5. a nosa mensaxe é interplanetaria

6. móvenos o amor fronte á súa política de odio e depredación




ADDENDA: o amor sen humor non vale nada / o humor sen amor tampouco / o discurso deste señores está carente de amor e de humor, que son as únicas armas coas que contaremos no futuro.