Escoita a chuvia caer pinga
A
Pinga
Polas cordas vogais
A c a m a r a l e n t a
Na voz de Leonard Cohen
Inherente ao pasado
Imposiblemente presente
Cara o futuro
Caendo en cada pin
in
ng
a
Un arcodavella con todas as cores
Nun fluído azulmalvado
A voz ecoando sen présa polo eco
silencio
son exacto
dunha aproximación
Esmaltando o tempo demorado
No caracol do son
Evoluíndo precisas, a chuvia, a voz
Escorregando pola liña curva destinada sempre a atoparse
Consigo mesma.
Grazas, garzas
Que voades na distancia
Como esa voz na lembranza inequívoca.
Cada dente de león, unha canción
Cada canción, un marco
Cada marco, un póster de realidade
Anque non saibamos exactamente como seguir
Sabemos que sempre é a mesma canción
Sen redundar
Sen apañar máis que sorrisos transmigrados
Dunha era a unha nación
Que non é
Senón unha canción ecoando viva
Tan viva como os 10.000 anos da árbore…do ser vivo…máis lonxevo do planeta
Apréndeme a dicir para calar
Apréndeme a proxectar o meu eu cara a desintegración total e absoluta do meu ser que treme cando a voz del irrompe, o home, preguntando sombra sobre non sei que de cómo, de cando, de por que si e por que non
Grazas por non entendermos nada
Grazas por deprimirnos ata afogar
Emerxeremos sedentos de optimismo
Sóbrannos sarcasmos, ironías e outras retrancas
Esa maneira autóctona de irmos marchando
Ámovos
Latas de voz
Que conservades intacta
A intención
1 comentario:
Cantos leonardos interesantes hai na miña vida. Leóns coroados de nardos para a alma.
Publicar un comentario