estás nunha praia
ti e máis xente
é case noite
a praia é pequena
ten forma de cuncha e moitos penedos
caes na conta que chegastes alí fuxindo de algo
sodes un grupo de fuxidos
soa un teléfono
incrustado nunha das rochas
que a marea baixa deixou en seco
descolgas e alguén che fala
diche que tendes que liscar de maneira rápida e clara
unha patrulla saiu buscarvos e segue o voso rastro
dáslle as grazas por avisar
a voz descoñecida ten algo familiar
a maneira de enfiar as palabras
antes de colgar preguntas con quen falas
a voz contesta: con ninguén,
escapa!

1 comentario:
Aquí non hai collóns a comentar. Debe ser o teléfono ese tan raro. En fin.
Publicar un comentario