o lugar onde se insatalou Factorías Vulcano foto de 1947 co tempo acabaría converténdose no barrio obreiro de Wichitta ANUNCIO DESPERADO pechado por resaca revolusionaria correo inhabilitado ata media tarde, máis ou menos ata a hora do té necesítanse pampos que traballen por nós en turno de día, tarde e noite asinan: monególatras lugar: zoolandia capital: o gran mandril asfáltico contacto: enganche habitual mensaxe de anónimos non comparto 1. o ton intimidatorio. Esqueceron que nos move o amor e a dignidade? 2. o concepto lexionario, semella que están a falar de formigas bioprogramadas para a rebelión, ignorando o feito de que estamos bastante perdidos e que non temos nin puñetera idea de como se vai canalizar toda esta indignación 3. a carencia de pautas a seguir, nin a nivel persoal nin a ningún outro nivel 4. a focalización da revolta nun centro xeográfico que a algúns nos queda lonxe e inviable, ignorando que para crear conciencia crítica co sistema vale calquera conversa en calquera parte do mundo, sobre calquera tema, en directo ou en diferido 5. o estilo mafioso do seu discurso estou de acordo en que: 1. somos moitos, máis dos que poden neutralizar con mentiras e cargas policiais 2. non somos todos parados ao bordo da exclusión social 3. dalgunha maneira nos estamos convertendo nun inimigo imbatible: porque somos moitos, porque somos heteroxéneos, porque estamos preparados para o porvir, porque temos vontade férrea de entendérmonos e mesmo de sobreentendérmonos, porque cada día nos sentimos máis humanos e iso dános máis forza que calquera armamento e porque somos conciencia evoluída fóra dos sistemas de control 4. cada vez o noso medo é menor e canto menos medo teñamos máis faremos tremer as columnas do poder 5. a nosa mensaxe é interplanetaria 6. móvenos o amor fronte á súa política de odio e depredación ADDENDA: o amor sen humor non vale nada / o humor sen amor tampouco / o discurso deste señores está carente de amor e de humor, que son as únicas armas coas que contaremos no futuro. |
isto pásanos por arrebolar a terra na galaxia & a miña, é música eléctrica de igrexa & gustaría de facer unha música tan perfecta que puidese penetrar no corpo e curar as enfermidades & os bos imitadores imitan mesmo os erros
3 jun 2011
abaixo en vulcano
*BAJO EL VOLC�N*
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
2 comentarios:
:)
sorpréndeme, amigo, a túa locuacidade. Iso que puxeches aí que significa? que che gusta? alégrome un mundo!
Publicar un comentario