ALGÚNS MOTIVOS PARA TER PESADELOS ESTA NOITE
- Pornocapitalismolibertario = neofascismo: secuestro e fusión das ideoloxías para montar unha cortina de fume que agocha turbios negocios.
- Cal é a trampa das ideoloxías? están todas confiscadas polo capital xerando merda a toneladas. Os negocios máis lucrativos florecen á sombra do poder en diñeiro negro. A quen carallo lle vai interesar traballar habendo mafia contratando escravos sen contratos?
- Soñe tranquilo, amigo, ninguén máis ten acceso.
- As pantasmas non aman porque teñen o corazón comesto na sepultura do seu ego. Ao máis que chegan é a intercambiar gusanitos esporádicos de última xeración.
- Por que esta avalancha de pornografía? A demanda xera o produto. Os ananos negocian.
- Internet: comadreo porno interplanetario. Filetes de ego a prezo de enganche.
HOXE: Quen morreu, Obama? Para explicarme recorro á tipografía poética:
OBAMA AMA A OSAMA
por iso o manda matar
e tirar o corpo ao mar
para seguir mantendo viva
a ilusión
va que si?
2 comentarios:
Je,je!:
http://manuelvilas.blogspot.com/2011/05/osama-obama-juan-pablo-you-never-can.html
http://manuelvilas.blogspot.com/2011/05/osamasabato.html
ya lo vi, es muy acertado. Le dejé un comentario, gracias Diletantes.
Publicar un comentario